Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

Foro

    Vaço y llevalo el monasterio             Eno nome de deus amen, sabaan quantos esta carta de foro viren como nos don Alvaro de Çedofeita abad do moesteiro de Vila Nova de Lourençaa et frey Ares prior Et frey Ferrando cantor et frey Iohan et frey Afonso mojes do dito moesteiro seendo juntados por canpa tangida según que avemos de uso et de costume espeçialmente por lo de iuso conteudo por quanto o sennor Pero Pardo de Çela abedes feito e façedes muyta defenson a este dito moesteiro e a nos los suso ditos et entendemos que faredes eso mesmo de aquí adeante et por que entendemos que he prol do dito moesteiro e nosa e de nosos subçesores e por remuneraçon do suso dito damos vos en foro e a vosa moller dona Ysabel de Castro por en dias de vosas vidas e a un fillo ou filla despois de vos los suso ditos qual for nonbrado postrimeiro de vos e non seendo nomeado que seja o primeiro fillo ou filla que avedes que non avendo fillo ou filla ao tenpo do falesçemento do postrimeiro de vos q